O sistema consonántico

Os fonemas que constitúen o sistema consonántico galego poden clasificarse segundo o modo de articulación, o punto de articulación e a sonoridade.

 
Modo de articulación
(a posición que adoptan os órganos articulatorios no momento de expulsa-lo aire)
Oclusivas:


Fricativas:

Africadas:


Nasais:

Laterais:


Vibrantes:

a saída do aire obstaculízase por completo momentaneamente e a continuación
expúlsase de golpe: /p/ /b/ /t/ /d/ /k/ /g/.

o aire sae cun pequeno rozamento ou fricación: /f/ /0/ /s/ /s/.

articúlanse nun primeiro momento como oclusivas e logo como fricativas.
O galego actual só ten un fonema africado /c/.

cando parte do aire emitido na producción do son sae polo nariz: /m/ /n/ /n/ / /.

a lingua elévase de tal xeito que o aire ten que saír polos lados da cavidade bucal:
/l/ /l/

na súa saída o aire fai vibrar unha ou varias veces a punta da lingua,
producíndose a vibrante simple /r/ ou múltiple /r/.

Punto de articulación
(a posición que adoptan os órganos articulatorios no momento de expulsa-lo aire)
Bilabiais:

Labiodentais:

Dentais::

Interdentais:

Alveolares:


Palatais:

Velares
os dous labios entran en contacto momentaneamente: /p/ /b/ /m/.

os dentes superiores tocan o labio inferior: /f/.

a lingua toca a parte interna dos incisivos superiores: /t/ /d/.

a punta da lingua colócase entre os dentes superiores e inferiores: /0/.

a punta da lingua toca ou aproxímase ós alvéolos dos incisivos superiores:
/s/ /n/ /l/ /r/ /r/.

a lingua apóiase contra o padal duro: /l/ /n/ /s/ /c/.

a lingua toca pola súa parte posterior o veo do padal ou padal brando: /k/ /g/ / /.
Sonoridade
Segundo vibren ou non as cordas vocais, as consoantes clasifícanse
en xordas ou sonoras.
Sonoras:

Xordas:

/b/ /d/ /g/ /m/ /n/ /n/ / / /l/ /l/ /r/ e /r/

/p/ /t/ /k/ /f/ /0/ /s/ /s/ e /c/