Bloques lingüísticos do galego

 

Bloque occidental

Extensión:
ocupa a parte occidental das provincias da Coruña e Pontevedra e unha pequena zona do sudoeste da provincia de Ourense.

Trazos característicos:

- Fonéticos:

    Gheada

    Seseo implosivo

- Morfolóxicos:

    Terminación -án para ,masculino e feminino: irmán / irmán.
    Forma -ns no plural dos nomes rematados en -n: camións
    Pronome de segunda persoa suxeito ti.

Bloque central

Extensión:
ocupa case a totalidade das provincias de Ourense e Lugo e a parte oriental da Coruña e Pontevedra.

Trazos característicos:

- Fonéticos:

    Mantense a oposición entre o /0/ e o /s/
    Ditongo oi maioritario: moito


- Morfolóxicos:

    Plural en -s dos nomes rematados en -n: irmás
    Terminación -ao para o masculino e -á para o feminino: irmao / irmá.

Bloque oriental

Extensión:
corresponde á parte sur da provincia de Lugo e á maior parte da provincia de Ourense.

Trazos característicos:

- Fonéticos:

    Ditongo oi
    Conservación de wau en cua- e gua-


- Morfolóxicos:

    Plural en -is dos nomes rematados en -n: pantalois
    Plural en -is dos nomes rematados en -l: animais
    Distinción -ao (masculino) / á (feminino): irmao / irmá
    Sufixo -in<-inum: paxarín